A ASOCIACIÓN RIBADENSE AMADORES DA MÚSICA CONVOCA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS PARA ELIXIR NOVA DIRECTIVA.

A asociación ribadense Amadores da Música celebrará asemblea xeral extraordinaria de socios para a presentación de candidaturas e a elección de nova xunta directiva. Está programada para o 14 de novembro deste ano, sábado, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. A primeira convocatoria está fixada para as 20:00 horas e a segunda ás 20:30.
A actual xunta directiva da asociación Amadores da Música, presidida por Elisa Álvarez Amor, está no cargo desde marzo de 2018. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...