A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO XUNTOU A CENTOS DE PERSOAS NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA, QUE SE CELEBROU ONTE NO PARQUE DE SAN FRANCISCO.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, xunto a centos de persoas no concerto do Día da Patria, que se celebrou onte, mércores, no parque de San Francisco.
 
A actuación foi presentada pola música Carolina Yáñez e despois a Banda ribadense interpretou as seguintes pezas: un cuplé vals titulado Balancé, de Reveriano Soutullo; o primeiro movemento de Brasiliana, de Jan van der Roost; o bolero Mi abuelita querida, do Maestro Marino; a Marcha Nº 1 en Do Maior, do compositor galego León Durán; o pasodobre Coruña, de Faustino del Río; Torre de Arena, de Manuel Gordillo; e 1888, de Xoán Lois Diéguez. Como bises tocaron O bico, de Xoán Montes, e o himno galego.
 
O próximo concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo será na vixésimo cuarta edición do Festival de Bandas ribadense, que se celebrará este sábado, 28 de xullo. A Banda de Ribadeo estará acompañada polas de Villamayor (Salamanca) e de Vilalba. As tres agrupacións sairán en desfile ás 19:30 horas desde o Teatro e ás 20:00 horas empezarán as actuacións no escenario instalado no parque de San Francisco.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...