A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO ESTREOU 7 PEZAS NO CONCERTO DE SEMANA SANTA QUE OFRECEU ONTE NA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO. NESTA ACTUACIÓN DEBUTOU O CLARINETISTA MONCHO LÓPEZ.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou sete pezas no concerto de Semana Santa que ofreceu onte, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación debutou un novo compoñente da formación, o clarinetista Moncho López.
 
As sete pezas que interpretou por primeira vez a Banda de Ribadeo no concerto de onte son Prayer, de Bert Appermont; Nimrod, de Edwar Elgar; Agnus Dei, de George Bizet, arranxo para filiscorno e banda, na que actou como solista Rubén Solloso Irimia; Mi amargura, de Víctor Ferrer; Marcha Fúnebre, de Sigismond Thalber; Hosanna in excelsis, de Óscar Navarro; e La muerte no es el final, de Cesáreo Gabraín Azurmendi. Tamén tocaron Muerte y resurrección, de Luis Carlos Martín.
 
Este foi o primeiro concerto da Banda ribadense desde que tomou posesión a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que foi elixida nunha asemblea celebrada o día 10 deste mes. A presidenta é Elisa Álvarez Amor; o vicepresidente, José María Suárez García; o tesoureiro, José Ángel Bolaño Penelo; o secretario, Javier Ginés Abellán Torralba; e os vocais son David Ballester Martínez, Laura Izquierdo Rodríguez, Alberto Clemente Avilés, Alberte Chao Penabad e Diego Vizoso Castro.
 
A próxima actuación da Banda en Ribadeo será no concerto das Letras Galegas, que está previsto para o día 19 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...