A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO ESTREOU CINCO PEZAS NO CONCERTO DE SANTA CILLA QUE OFRECEU ONTE, SÁBADO.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou cinco pezas no concerto de Santa Cilla que ofreceu na tarde noite de onte, sábado, no Cine Teatro ribadense.
 
O primeiro tema que interpretaron foi Happy Mallets, de Harms Evers, no que actuou como solista ao xilófono Carlos Villar Pérez. A continuación tocaron Celtic flutes, de Kurt Gäble, con as frautistas Paula Pérez Conde e Eva Iglesias López como solistas. As outras tres pezas que a Banda de Ribadeo interpretou por primeira vez foron Twinkling Tunes, Gulliver´s Travels e Return of the Vikings, as tres de Bert Appermont, compositor belga ao que ía dedicado este concerto. Tamén tocaron outros dous temas de Bert Appermont: Prayer e Robinson Crusoe.
 
Antes de rematar a actuación o director da Banda ribadense agradeceu ao público a súa asistencia a pesar de que o tempo non acompañaba, porque antes e durante o concertou caeu en Ribadeo un intensa e persistente choiva. Ademais David Ballester solicitou un aplauso para os solistas que actuaron neste concerto porque esa labor “non é nada fácil” e destacou o ben que o fixeron.
 
O próximo concerto da Banda Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, que está programado para o 29 de decembro, sábado, ás 21:00 horas no Teatro ribadense.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...