DOUS MÚSICOS DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SEMANA SANTA, QUE OFRECEU ONTE. UNHA DAS PEZAS DEDICÁRONLLA AOS RIBADENSES FALECIDOS NO ACCIDENTE OCORRIDO EN XOVE.

Dous músicos, Julia Villar Pérez no clarinete e Javi Díaz Docobo na trompeta, debutaron coa Banda Municipal de Ribadeo no concerto de Semana Santa, que ofreceu na tarde noite de onte, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo. A última das pezas que interpretaron dentro do programa, Puerta del Cielo, de Francisco J. Criado, dedicáronlla aos catro ribadenses falecidos no accidente de tráfico ocorrido en Xove o pasado sábado para renderlles “unha pequena homenaxe”, explicou o director da Banda, David Ballester Martínez.
 
Ademais a Banda Municipal de Música de Ribadeo estreou tres obras nesa actuación: Madrugá de canela y clavo, de Juan M. Velázquez Ruiz; Aires de Triana, de Felipe Sigüenza López, e Soledad franciscana, de Abel Moreno. Tamén tocaron Cristo de la agonía, de Abel Moreno; Jerusalén, de José Vélez García; La muerte no es el final, de Césareo Gabaráin; e Mi amargura, de Víctor M. Ferrer. Como bis interpretaron outra vez Aires de Triana.
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...