A MÚSICA DE CINE SERÁ A PROTAGONISTA DO CONCERTO QUE ESTE VENRES 26 OFRECERÁ A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO ÁS 22:00 HORAS. O ESCENARIO SERÁ O PARQUE SAN FRANCISCO E EN CASO DE MAL TEMPO TRASLADARASE AO CINE TEATRO.

A música de cine será a protagonista do concerto que a Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá este venres no parque San Francisco a partir das 22:00 horas. En caso de mal tempo celebrarase no Cine Teatro.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “este vindeiro venres 26 ás dez da noite no parque San Francisco de Ribadeo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo volverá a actuar despois dos concertos de Cabanela e máis de San Roque. Esta vez será polo terceiro concerto que faremos de música de cine”.
David Ballester explicou que “son pezas todas de bandas sonoras de películas bastante coñecidas como Harry Potter, La Guerra de las Galaxias, El señor de los anillos e outras moitas máis. Tocaranse en total oito bandas sonoras das cales cinco delas serán interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
O director da Banda precisa que “en caso de mal tempo a Banda terá que actuar no Cine Teatro á mesma hora que está programado para o parque San Francisco”.
Ballester rematou comentando que “esperamos que toda a xente que estea este venres por Ribadeo e os ribadenses poidan gozar do concerto no parque e en caso de choiva ou mal tempo farémolo no teatro; e esperemos que sexa do agrado de todos os asistentes”.
 
 
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...