A BANDA DE RIBADEO CELEBRA O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA ESTE VENRES, 25 DE XULLO, NO CAMPO DE SAN FRANCISCO.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.
 
O director da formación, David Ballester Martínez, anuncia: “seguimos coa programación da Banda Municipal de Música de Ribadeo e, despois do concerto do Ribadeo Indiano e do Festival de Bandas, este venres 25 as oito e media da tarde no Campo de San Francisco vai ter lugar o xa tradicional concerto do Día da Patria. Farémolo ao aire libre se o tempo nolo permite e senón trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval. Este concerto vai estar composto por obras de temática galega e un repertorio variado. Polo cal toda a xente que se encontre o día da nosa comunidade en Ribadeo se ten a ben achegarse ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco esperemos que disfruten de todo o repertorio que imos interpretar”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...