A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, congregou a numeroso público no tradicional concerto do Día da Patria que ofreceu onte, venres, no Campo de San Francisco ribadense.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.
Ribadeo celebrou onte, sábado, a vixésimo oitava edición do Festival de Bandas organizado pola asociación ribadense Amadores da Música. Participaron a Xove Banda de Narón e a Banda de Música Municipal de Ribadeo, que primeiro fixeron un pasacalles desde diante do Teatro ata o Campo de San Francisco e despois actuaron no auditorio municipal Hernán Naval.