Blogue

19
Mai

A BANDA DE RIBADEO TRASLADA O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS PARA ESTE SÁBADO, DÍA 22. SERÁ A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN ESTE ANO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
 
O director da Banda ribadense, David Ballester, adiantou que no concerto deste sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, “a gran maioría das pezas que se interpretarán son obras galegas ou de temática galega”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
11
Mai

A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS ESTE SÁBADO. SERÁ A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN ESTE ANO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, día 15, no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
23
Dec

A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA ESTA FIN DE SEMANA EN DÚAS SESIÓNS POLAS RESTRICIÓNS SANITARIAS.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, este sábado 26 e o domingo 27, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas