Blogue

26
Xul

NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA O PERCUSIONISTA ENZO GARCÍA DEBUTOU COA BANDA DE RIBADEO, QUE ESTIVO ACOMPAÑADA POR GAITEIROS

By: adm
Categoría: 
O percusionista Enzo García Fernández debutou coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto do Día da Patria, actuación na que a formación dirixida por David Ballester Martínez estivo acompañada nalgunhas das pezas que interpretaron por gaiteiros que forman parte do alumnado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Esta actuación trasladouse do Campo de San Francisco ao auditorio municipal Hernán Naval debido á inestabilidade meteorolóxica que houbo na xornada de onte, sábado.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
24
Xul

A BANDA DE RIBADEO ESTARÁ ACOMPAÑADA POR GAITAS NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA QUE OFRECERÁ ESTE SÁBADO, 25 DE XULLO

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompañada por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá mañá, sábado, día 25 de xullo ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
 
O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “o repertorio será moi variado e mesturaremos obras de temática galega con pezas doutros estilos. Como novidade este ano imos estrear algunhas obras que vai ser a primeira vez que estean enriba dos atrís da Banda Municipal e nelas haberá música de gaitas”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
15
Xul

A BANDA DE RIBADEO ESTARÁ ACOMPAÑADA POR GAITAS NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA QUE OFRECERÁ O 25 DE XULLO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompaña por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá o día 25 de xullo, sábado, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
02
Abr

OS MÚSICOS JESÚS MENÉNDEZ E TELMO HERNÁNDEZ DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SEMANA SANTA, CELEBRADO ONTE.

By: adm
Categoría: 
O saxo tenor Jesús Menéndez Menéndez e o saxo alto Telmo Hernández Barcia debutaron coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto de Semana Santa que ofreceu onte, mércores, na igrexa parroquial ribadense.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas