23
Mai
0
A BANDA DE RIBADEO OFRECEU O SEU PRIMEIRO CONCERTO DESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. DEDICOU UNHA OBRA A HERNÁN NAVAL AO CUMPRIRSE 20 ANOS DO SEU PASAMENTO.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu o seu primeiro concerto deste ano onte, sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas e dedicou unha obra, Banda galega, a Hernán Naval ao cumprirse 20 anos do seu pasamento. A actuación foi no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz para cumprir as medidas derivadas da pandemia e evitar a súa propagación.