22
Ago
0
A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECEU UN REPERTORIO DE MÚSICA POP E ROCK NO CONCERTO CHURRASCADA QUE HOUBO O SÁBADO NO AUDITORIO AO AIRE LIBRE DE CABANELA.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Ribadeo ofreceu un repertorio de música pop e rock no concerto churrascada organizado pola asociación Amadores da Música que se celebrou na tarde-noite deste pasado sábado no auditorio ao aire libre de Cabanela.
A Banda ribadense, dirixida por David Ballester, interpretou as pezas Pops in the spots; Smoke on the water, de Deep Purple; Abba Gold; Born to be wild, de Mars Bonfire; Queen in concert; The final countdown, de Joey Tempest; Livin´on a prayer, de Jon Bon Jovi; e Highway to hell, de AC/DC.