Blogue

21
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO DE BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS ESTE VENRES, DÍA 24. SERÁ NA ESCALINATA DO CONCELLO ÁS DEZ DA NOITE.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este  venres, día 24 de agosto, o seu tradicional concerto de bandas sonoras de películas. Será ás 22:00 horas e cambiará a súa localización habitual para a escalinata do Concello.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
20
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO, DIRIXIDA POR DAVID BALLESTER E RUBÉN SOLLOSO, INTERPRETOU TEMAS POP NO CONCERTO CHURRASCADA CELEBRADO ONTE NO AUDITORIO DE CABANELA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida nesta ocasión por David Ballester nunhas pezas e por Rubén Solloso noutras, interpretou temas pop no tradicional concerto churrascada que celebrou na tarde noite de onte, sábado, no auditorio ao aire libre de Cabanela, xunto ao paseo marítimo ribadense.
 
A Banda de Ribadeo tocou estas pezas: Umbrella, Alejandro, Y.M.C.A., Mocedades en concierto, Surfin´ U.S.A., Bohemian Rhapsody, Happy, Raphael Medley, Mambo Nº 5 e Eurovisión Junior.
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
14
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ TRES CONCERTOS ESTA SEMANA, DOUS NA VILA RIBADENSE E UN EN LUARCA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións esta semana. A primeira delas será este xoves, día 16, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas xunto á capela do copatrón da vila ribadense. O venres 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada ás 21:00 horas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ A VINDEIRA SEMANA OS TRADICIONAIS CONCERTOS DE SAN ROQUE, O DÍA 16, E EN CABANELA O 18 DE AGOSTO. ADEMAIS O VENRES 17 ACTUARÁ EN LUARCA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas