Blogue

03
Out

A BANDA DE BETANZOS ACTUOU ONTE NO CINE TEATRO DE RIBADEO CONVIDADA POLA ASOCIACIÓN AMADORES DA MÚSICA. O DIRECTOR DA BANDA DE RIBADEO, O BETANCEIRO DAVID BALLESTER, TOCOU O CLARINETE EN 5 PEZAS E DIRIXIU Á FORMACIÓN DA SÚA LOCALIDADE NATAL NA ÚLTIMA QUE

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Betanzos actuou onte no Cine Teatro de Ribadeo convidada pola asociación Amadores da Música, que organizou este concerto coa colaboración do Concello ribadense. Nesa actuación participou o director da Banda de Ribadeo, o betanceiro David Ballester, que tocou o clarinete en cinco das pezas que interpretaron baixo a dirección de Juan Antonio Ferrer Cerveró. E ademais no último tema que tocaron a Banda de Betanzos foi dirixida polo titular da Banda ribadense.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Set

A BANDA DE BETANZOS ACTÚA ESTE DOMINGO, 1 DE OUTUBRO, NO CINE TEATRO DE RIBADEO E A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA RIBADENSE OFRECERÁ UN CONCERTO O MESMO DÍA EN SAN MIGUEL DE REINANTE.

By: adm
Categoría: 
Este domingo, día 1 de outubro, ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá un concerto da Banda Municipal de Betanzos, con entrada de balde. Está organizado pola asociación Amadores da Música coa colaboración do Concello ribadense. Por outra parte a Banda Municipal de Música de Ribadeo actuará tamén este domingo nas festas de San Miguel de Reinante. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Ago

UNHAS 400 PERSOAS ASISTIRON ONTE Á NOITE AO CONCERTO DE MÚSICA DE CINE DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO, QUE ESTREOU SEIS PEZAS NESA ACTUACIÓN.

By: adm
Categoría: 
Unhas 400 persoas asistiron onte á noite no parque de San Francisco ao concerto de música de cine da Banda Municipal de Ribadeo, que estreou seis pezas nesta actuación dirixida por David Ballester Martínez.
 
Os temas que Banda Municipal de Música de Ribadeo tocou por primeira vez onte son Highlights from Mary Poppins, Colors of the wind (Pocahontas), Toy Story, The sound of music, Highlights from Frozen e La pantera rosa. Tamén interpretaron Hércules e La bella y la bestia.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
24
Ago

O CONCERTO DE MÚSICA DE CINE DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO CELEBRARASE ESTE VENRES ÁS DEZ DA NOITE NO PARQUE DE SAN FRANCISCO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este venres, 25 de agosto, o seu concerto de música de cine que estará dedicado fundamentalmente a películas infantís. Este concerto será ás 22:00 horas no parque de San Francisco. Ademais na Casa do Mar continúa a exposición do 25 aniversario da Banda que se clausurará o sábado 26 de agosto.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas