Blogue

27
Feb

A ASOCIACIÓN RIBADENSE AMADORES DA MÚSICA CONVOCA PARA O 16 DE MARZO ASEMBLEA XERAL, NA QUE SE TRATARÁ A RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA.

By: adm
Categoría: 
A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 16 de marzo, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
30
Dec

A BANDA DE RIBADEO ENCHEU DE PÚBLICO O AUDITORIO HERNÁN NAVAL NO CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA, NO QUE HOUBO VARIAS BROMAS

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, encheu de público o auditorio Hernán Naval durante o concerto Aquí como en Viena, no que houbo varias bromas.
 
A actuación empezou co director só no escenario e comunicándolle ao público que había un problema pois os músicos non apareceran aínda porque estaban tomando uns pinchos e que ía chamalos para que estiveran o antes posible, pero xusto neste momento entraron os compoñentes da Banda acompañados pola música de Feliz Navidad e como se viñeran de festa.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Dec

A BANDA DE RIBADEO OFRECE O SEU TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL AQUÍ COMO EN VIENA ESTE VENRES, 29 DE DECEMBRO. NALGUNHAS PEZAS ESTARÁ ACOMPAÑADA POR BAILARÍNS DA ESCOLA DE MÚSICA E DANZA RIBADENSE.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, este venres, 29 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Nalgunhas das pezas que interpretarán os músicos estarán acompañados no escenario por actuacións de bailaríns da Escola Municipal de Música e Danza ribadense.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
05
Dec

AMADORES DA MÚSICA OBSEQUIA A SUS SOCI@S CON UNA PARTICIPACIÓN DE 50 CÉNTIMOS PARA EL SORTEO DE NAVIDAD DE LA LOTERÍA NACIONAL.

By: adm
Categoría: 
La asociación Amadores da Música, de Ribadeo, obsequia a sus socios y socias al corriente de pago de la cuota de este año 2023 con una participación de 50 céntimos de euro de Lotería Nacional para el sorteo extraordinario de Navidad del número 67.150.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas