Marcel van Bree

 Estudou no Conservatorio Superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete (con Walter Boeykens) e dirección con as máximas calificacións. Posteriormente completou a súa formación como director estudando con Pierre Kuypers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown. Como clarinetista formou parte de diversas agrupacións de cámara, bandas e a propia Orquestra do Conservatorio de Tilburgo.

Traballou como profesor de clarinete na escola “Kreato” en Thorn (Holanda) e desenvolveu ata 1991 unha labor moi activa como director de bandas e ensembles de música de cámara.

Desde o seu traslado a Galicia (1992) foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, a súa Orquestra de Cámara e a Banda de Lalín, así como profesor de clarinete do Conservatorio. Con a Orquestra de Cámara actuou por toda Galicia dentro dos Circuítos Culturais promovidos pola Xunta de Galicia. Foi director do Curso Nacional de Piano (1997) organizado por esta orquestra en colaboración co pianista Albert Attenelle (Barcelona) e traballou con solistas como Benjamín Moreno (trompetista da O.N.E.) Teresa Novoa (soprano) e Richards Strauss (violonchelo).

Con a Banda de Lalín ofreceu concertos en Galicia, Barcelona, Valladolid, San Sebastián, Portugal, Francia e Venezuela e no 1994 estreou a obra “Intres Lalienses”( ciclo étnico-galego) de Rogelio Groba. Con esta agrupación gravou un CD (1995) e gañou varios premios participando en certámenes nacionais como o Primeiro Premio e Mención de Honor no “I Certame Provincial de Pontevedra” (2001), Primeiro Premio no “XXXI Certame Internacional de Altea” (2002), Primeiro Premio e mención de honor no “I certame Internacional de Música de Cine” en Ribadeo (2003) e Primeiro Premio no “IV Certame Provincial de Pontevedra” (2004).

Desde 1993 é director da Banda Sinfónica de Galicia” formada por músicos de toda Galicia. Con este conxunto gravou un CD con música de cine e outro con sinfonías de Johan de Meij e Don Gillis.

Foi nomeado director da “Banda da Federación Galega” no momento da súa fundación (2000).

No 2001 encargouse, a petición da Asociación Amadores da Música de Ribadeo, de finalizar a gravación e mestura do CD “Ao Noso Son” da Banda Municipal de Ribadeo. Nesta gravación colaboraron como solistas Mª Carmen Novoa Ares (violonchelo), Benito Builde del Real (violín) e Ramón Bermejo (narrador)

Desde 1994 imparte cursos de dirección en colaboración co Conservatorios da Xunta de Galicia (Pontevedra, Lugo, Ourense, Lalín) e bandas de música (“La Artística “ de Merza, Municipal de Arbo, Lalín, Sober, Silleda, Puenteareas).

Foi director do “I Seminario de Dirección” (2004-2005) organizado polo Concello de Arbo.

Actualmente é director titular da Banda Municipal de A Coruña e realiza instrumentacións para banda que foron publicadas en Holanda e Bélgica.

Proximamente editará un libro sobre dirección e instrumentación.