O saxo tenor Jesús Menéndez Menéndez e o saxo alto Telmo Hernández Barcia debutaron coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto de Semana Santa que ofreceu onte, mércores, na igrexa parroquial ribadense.
Nesa actuación a Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou oito pezas: Choralia, de Bert Appermont; Evendite, de Jacob de Haan; Y te bajaron los ángeles, de Miguel Sánchez Ruzafa; Luz en la soledad, de Óscar Navarro González; Camino del sepulcro, de David Rivas Domínguez; Siempre la Esperanza, de Jesús Joaquín Espinosa de los Monteros; Es Vedrá, de José Alberto Pina; y La Esperanza de María, de
Alejandro Blanco Hernández. Tamén interpretaron The young Maria, de Charles Gounod con arranxos de Ted Huggens.
Antes de empezar o concerto o director da Banda ribadense deu a benvida aos dous músicos que debutaron coa formación e agradeceu a boa disposición da Parroquia e da Confraría da Semana Santa de Ribadeo para realizar esta actuación na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Ao final David Ballester saíu varias veces a saudar para agradecer os aplausos do numeroso público que asistiu ao concerto.




