A BANDA DE RIBADEO ESTARÁ ACOMPAÑADA POR GAITAS NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA QUE OFRECERÁ ESTE SÁBADO, 25 DE XULLO

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompañada por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá mañá, sábado, día 25 de xullo ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
 
O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “o repertorio será moi variado e mesturaremos obras de temática galega con pezas doutros estilos. Como novidade este ano imos estrear algunhas obras que vai ser a primeira vez que estean enriba dos atrís da Banda Municipal e nelas haberá música de gaitas”.
 
David Ballester anima á xente a que se achegue mañá, sábado, ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco “para desfrutar deste concerto. Esperamos que nos acompañe o tempo, pero en caso de que non sexa así trasladarémolo ao auditorio Hernán Naval”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...