Mariano Rivas

Nace en Gijón no 1971.

Director asturiano, pianista e violinista, ingresa na Academia de Música e Arte Dramático de Viena para estudar dirección de orquestra con Karl Österreicher e Leopold Hager, así como correpetición de ópera e composición.

Asistente de Giuliano Carella nunha M.Butterfly no circuito toscano traballando con Hui He e Raffaella Angeletti entre outras… e Marcello Viotti en Viena, traballa coa United Philarmonic Vienna (en Viena e Verona) e de Giuliano Carella en Toulon.

Profesor de dirección nos seminarios de verán da cidade de Viena, no 1995 gana o primeiro premio no Concurso Internacional para Directores de Orquesta Dinu Niculescu en Brasov (Rumanía), e premio o mellor intérprete de Música Rumana.

Obtén o título superior en Dirección de Orquesta, e doctórase dirixindo a Orquestra da Radio Televisión austríaca (ORF) no Musikverein de Viena con Gustav Mahler.

Director musical e artístico da New Bulgarian Opera / Teatro Lírico Europeo.

Dirixe la premier en España de Alfonso y Estrella de schubert.

É director musical asistente no Gran Teatre del Liceo de Barcelona con Bertrand de Billy durante duas temporadas no 2000-2001 e asistente de Marcello Viotti e Giuliano Carella no Teatro Real de Madrid en Don Pascuale e en diversos teatros italianos.

Director do Coro do Festival de Ópera de Oviedo durante a temporada 2000-2001.

Finalista e gañador do Concurso para Jóvenes Directores de Orqueta en Granada no 1999, traballando durante dous anos consecutivos con dita agrupación.

Director comprometido co xénero español, Rivas destaca por producións zarzuelísticas en Asturias con Marina, Doña Francisquita, Xuanón ou El gaitero de Gijón, entre outras, e con galas de zarzuela en Alemania.

Dirixe á Orquesta Sinfónica de Asturias no Pelagio de S. Mercadante, despois de revisar e publicar persoalmente a partitura, contando con Montserrat Caballé e Carlos Álvarez como protagonistas.

Dirixe a Banda Municipal de Música de Ribadeo aproveitando un período vacacional.