Lourenço da Silva Cruz

 Nace en Francia no 1977.

Obtén o titulo Superior de Trompeta e Música de Cámara nos Centros “Escuela Profesional de Música de Viana do Castelo” nos Conservatorios de Música de Vigo e Madrid así como tamén no Conservatorio Regional de Nantes. Traballou con profesores da talla de Jorge Almeida, Carlos Beneto, Luis González, José Ortí Fred Mills, Javier Simo, Marc Ullrich, Jean Marc Metz, Andre Henry, Charles Butter, Kevin Valdron…participou en numerosos seminarios e cursiños de Armonía, de Acústica, de Pedagoxía Musical, de Anatomía e fisioloxía da respiración, de Música de cámara do século XX, de Dirección de Orquestra Banda e Coro, etc..

Entre outras colaboracións actuou como invitado en numerosas ocasións e con distintas orquestras como a Sinfónica de Viana do Castelo, a de Harmonie Ville Sant Luce Nantes, a da Academia de Oporto, Orquestra de sopros de Guimaraes, a Orquestra Filarmónica de Vila real, a Real Filharmonía de Galicia (na que gañou por concurso a beca para a Escuela de Altos Estudios de Galicia), a Orquestra Nacional dos Templarios de Tomar (na que obtivo praza de solista por concurso público) e outras moitas.

Estivo como Director Artístico da Banda Xuvenil e Cultural de Teo e da Banda de Música de Chapela, con a que conseguiu varios premios en concursos de carácter nacional.

Estuda dirección de Orquestra e banda co mestre Julien Mascuty. É fundador e Director Artístico do Proxecto de Banda Sinfónica Minho-Galaica e Director da Escola de Música de Ribadeo e Director da Banda Municipal de Música de Ribadeo.