Juan Lois Diéguez

Nace en Agolada (Pontevedra) en 1980. Comeza os seus estudios musicais co seu pai aos dez anos e máis tarde estuda nos Conservatorios de Lalín, Santiago e Vigo. Foi membro da Banda de Agolada, Banda do Conservatorio de Lalín e a Municipal de Lalín, os 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo.

Na actualidade colabora coas bandas como: Agrupación Harmonía, Banda Filarmónica de Galicia ou Banda Sinfónica de Galicia. Formou parte da Orquesta de Cámara de Lalín, Orquesta de Práctica Orquestal da Sinfónica de Galicia e Escuela de Altos Estudios Musicales de Galicia.

Tamén colaborou coa Orquesta de Cámara Gallega, Orquesta Clásica de Vigo, Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, English Chamber Orquesta y la Real Filarmonía de Galicia, da que foi trompeta coprincipal durante dúas tempadas.

Estudou e realizou cursos con mestres de gran prestixio, tanto de trompeta como de outras especialidades: pedagoxía, dirección e instrumentación. Entre os años 1996 y 2002 foi subdirector da Banda de Música Municipal de Silleda e director da Escuela de Música Municipal de Silleda.

Tamén traballou na Escuela Profesional de Música de Viana do Castelo (Portugal) na Escuela Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Hoxe en día imparte clases na Escuela de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Dirixiu en ocasiones importantes bandas da xeografía galega e actuou baixo a batuta de prestixiosos directores como Marcel van Bree, Henrie Adams, James Ross y Lorenzo Ramos, entre outros moitos. Como intérprete acompañou aos solistas Sergei Krylov, Ewa Poblocka, Xabier de Maistre, Joaquín Achúcarro y Mark Kaplan entre outros.

Na actualidade compaxina a súa labor de profesor instrumentista na Banda de Música Municipal de Santiago con a de director titular da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla.