01
Set
0
A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECE ESTE VENRES O SEU PRIMEIRO CONCERTO DESTE ANO, DESPOIS DE RETOMAR OS ENSAIOS EN AGOSTO. SERÁ NO CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DO COLEXIO GREGORIO SANZ.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu primeiro concerto deste ano despois de retomar os ensaios en agosto. A actuación, titulada Concerto da normalidade, terá lugar este venres, día 4, as 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio ribadense Gregorio Sanz.