Blogue

22
Dec

PARA ASISTIR AO CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA, DA BANDA DE RIBADEO, HABERÁ QUE RETIRAR PREVIAMENTE AS ENTRADAS, QUE SON DE BALDE. FAISE PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS ASISTENTES NO CINE TEATRO RIBADENSE.

By: adm
Categoría: 
As persoas interesadas en asistir ao concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que se celebrará o día 30 deste mes, terán que retirar as entradas que se entregarán de balde no Cine Teatro ese mesmo día a partir das seis da tarde. Cada persoa poderá recoller dúas como máximo. Esta decisión adoptouse para evitar aglomeracións e garantir a seguridade e a comodidade dos asistentes.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
20
Dec

A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA O 30 DE DECEMBRO NO CINE TEATRO. A AGRUPACIÓN CONTARÁ CON MÁIS COMPOÑENTES DO HABITUAL E INTERPRETARÁ MÚSICA DOS ANOS 60 E 70, ADEMAIS DE POLKAS E VALSES.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
27
Nov

A BANDA DE RIBADEO HOMENAXEOU AO SEU MÚSICO DE MAIOR IDADE, JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ, DURANTE O CONCERTO DE SANTA CILLA, NO QUE DEBUTOU MANUEL POZO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Ribadeo homenaxeou por sorpresa ao seu músico de maior idade, o saxo barítono José Ramón Fernández López, coñecido como Monchín. Foi durante o concerto para festexar Santa Cilla, que se celebrou este pasado sábado no Cine Teatro ribadense. Ademais nesta actuación debutou coa Banda de Ribadeo Manuel Pozo Cota.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
15
Nov

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO DEDICARÁ ESTE ANO O CONCERTO DE SANTA CILLA AOS PASODOBRES. SERÁ O DÍA 25 DESTE MES NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 

A Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará este ano o tradicional concerto de Santa Cilla, patroa dos músicos, aos pasodobres. A actuación terá lugar o sábado 25 de novembro ás 20:30 horas no Cine Teatro ribadense.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas