27
Feb
0
A ASOCIACIÓN RIBADENSE AMADORES DA MÚSICA CONVOCA PARA O 16 DE MARZO ASEMBLEA XERAL, NA QUE SE TRATARÁ A RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA.
By: adm
Categoría:
A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 16 de marzo, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.