Blogue

26
Nov

SETE RAPAZAS DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SANTA CILLA CELEBRADO ONTE.

By: adm
Categoría: 
Sete rapazas debutaron coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrou onte, sábado, no Teatro ribadense. 
 
As novas incorporacións da Banda de Ribadeo son: as frautistas Carla Rañón Broz e Sabela Cereijo Maseda; nos clarinetes Laura Bolaño Cotarelo e Iría Molejón Fernández; no saxo soprano Elena Justo Carballeira; no saxo alto Mar Cereijo Maseda e no violonchelo Sofía Rodríguez Zambrano.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
16
Nov

A BANDA DE RIBADEO ESTREARÁ VARIAS PEZAS E INCORPORARÁ NOVOS MÚSICOS NO CONCERTO DE SANTA CILLA. SERÁ O 25 DE NOVEMBRO NO TEATRO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreará varias pezas e incorporará novos músicos no concerto para celebrar Santa Cilla. Será o 25 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
30
Xul

AS BANDAS DE VILALBA E RIBADEO PARTICIPARON ONTE NO XXVII FESTIVAL DE BANDAS RIBADENSE. NA FORMACIÓN LOCAL DEBUTOU A CLARINETISTA ANDREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo incorporou a unha nova compoñente, a clarinetista Andrea Fernández Rodríguez, que debutou onte, na XXVII edición do festival de bandas local, no que participaron a formación ribadense e a Banda de Vilalba. Ambas ofreceron un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco e despois actuaron no auditorio Hernán Naval, con moita afluencia de público. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
28
Xul

RIBADEO CELEBRA MAÑÁ, SÁBADO, O SEU XXVII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA, NO QUE ACTUARÁN A DE VILALBA E A LOCAL.

By: adm
Categoría: 
Mañá, sábado 29 de xullo, celebrarase en Ribadeo a XXVII edición do Festival de Bandas, no que actuarán as formacións de Vilalba e a ribadense. 
 
A partir das sete da tarde as dúas bandas farán un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco; e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as formacións ofrecerán primeiro unha actuación individual e despois tocarán unhas pezas as dúas xuntas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas