LUCIA LAMELA GÓMEZ E MARTÍN GARCÍA DÍAZ DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SANTA CILLA CELEBRADO ONTE

Os músicos Lucía Lamela Gómez e Martín García Díaz, ambos flautistas, debutaron coa Banda Municipal de Música Ribadeo no concerto para conmemorar Santa Cilla celebrado onte, sábado, no auditorio municipal ribadense Hernán Naval. Foi dirixido por David Ballester Martínez, que empezou dando a benvida aos novos compoñentes da Banda de Ribadeo.
 
A Banda ribadense ofreceu un repertorio totalmente novo de bandas sonoras acompañadas pola proxección de imaxes das películas. Interpretaron estas pezas: Mamma Mía, con arranxos de Robert Longfield; Michael Jackson Hit Mix, arranxada por Johnnie Vinson; The Magic of Harry Potter, con arranxos, de Michael Story; Highlights from Ratatouille, arranxada por John Moss; Music from Home Alone, con arranxos de Johnnie Vinson; Pirates of the Caribbean Symphonic Suite, de Klaus Badelt e arranxada por John Wasson; The Nightmare before Christmas, de Danny Elfman, con arranxos de Michael Brown; e The Hunchback of Notre Dame, de Alan Menken e arranxada por John Moss.
 
Ao rematar o director da Banda agradeceu a colaboración de Xera, Francisco e Wilmar pola montaxe para ese concerto e tamén destacou “o esforzo realizado polos músicos porque o repertorio desta actuación era algo complexo”.
 
A próxima actuación prevista pola Banda de Ribadeo será o tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena que está previsto para o día 27 de decembro.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...