Blogue

18
Dec

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA O DÍA 29 DESTE MES NO TEATRO. O AFORO SERÁ LIMITADO POR SEGURIDADE E COMODIDADE DOS ASISTENTES.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, o 29 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas e haberá sorpresas. O aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
25
Nov

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO ESTREOU CINCO PEZAS NO CONCERTO DE SANTA CILLA QUE OFRECEU ONTE, SÁBADO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou cinco pezas no concerto de Santa Cilla que ofreceu na tarde noite de onte, sábado, no Cine Teatro ribadense.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
20
Nov

O TROMPETISTA DA BANDA DE RIBADEO ÁLVARO GARCÍA DESEÑOU O CARTEL DO CONCERTO DE SANTA CILLA QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 
O trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.
 
Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
13
Nov

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO DE SANTA CILLA O 24 DESTE MES NO CINE TEATRO. ESTARÁ DEDICADO AO DIRECTOR E COMPOSITOR BERT APPERMONT.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o día 24 deste mes, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Esta actuación estará dedicada ao director e compositor belga Bert Appermont. 
 
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “neste mes de novembro o 22 é o día de Santa Cilla, a patroa dos músicos, e como non podía ser menos, a Banda de Música Municipal de Ribadeo vai facer o seu concerto de Santa Cilla. Será o día 24 ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas