08
Ago
0
A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ A VINDEIRA SEMANA OS TRADICIONAIS CONCERTOS DE SAN ROQUE, O DÍA 16, E EN CABANELA O 18 DE AGOSTO. ADEMAIS O VENRES 17 ACTUARÁ EN LUARCA.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.