20
Dec
0
A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA O 30 DE DECEMBRO NO CINE TEATRO. A AGRUPACIÓN CONTARÁ CON MÁIS COMPOÑENTES DO HABITUAL E INTERPRETARÁ MÚSICA DOS ANOS 60 E 70, ADEMAIS DE POLKAS E VALSES.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.