A BANDA DE RIBADEO ENCHEU O AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL NO CONCERTO DEDICADO Á MÚSICA DE CINE PARA CELEBRAR SANTA CECILIA.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, encheu o auditorio Hernán Naval no concerto dedicado á música de cine que ofrece onte, sábado, para celebrar Santa Cecilia, a patroa dos músicos.
 
Durante esa actuación a Banda ribadense estreou oito pezas: A Thousand Years, de David Hodges e Christina Perri, con arranxos de Paul Murtha; King Arthur, de Hans Zimmer e arranxada por Erick Debs; Man of Steel, de Hans Zimmer con arranxos de Michael Story; Music from Wicked, de Stephen Schwartz e arranxada por Michael Sweeney; Independence Day, de David Arnold con arranxos de Michael Brown; Jaws, de John Williams e arranxada por Peter King; Highligts from Moana, con arranxos Johnnie Vinson; e Theme from E.T., de John Williams e adaptada por David Ballester. Tamén tocaron Pearl Harbor, de Hans Zimmer e arranxada por Frank Bernaerts e de bis ofreceron Queen in concert.
 
Antes do interpretar este último tema o director da Banda de Ribadeo agradeceu os aplausos do público e ao final saíu a saudar varias veces porque os espectadores non paraban de ovacionar á formación ribadense.
O próximo concerto programado pola Banda Municipal de Música de Ribadeo é o tradicional Aquí como en Viena, que está previsto para o sábado 27 de decembro ás 20:00 horas no auditorio Hernán Naval.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...