Blogue

26
Xul

O XXII FESTIVAL DE BANDAS DE RIBADEO CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DAS DE A GUARDA, AS PONTES E A ANFITRIOA. A CITA SERÁ ESTE SÁBADO, 30 DE XULLO, NO PARQUE DE SAN FRANCISCO.

By: adm
Categoría: 
A XXII edición do Festival de Bandas de Ribadeo contará coa presenza das formacións musicais de A Guarda, As Pontes e a anfitrioa. Celebrarase este sábado, 30 de xullo, ás 19:30 horas no parque de San Francisco. No mesmo escenario a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, luns, o seu tradicional concerto para celebrar o Día da Patria Galega.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
21
Xul

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ UN CONCERTO O VINDEIRO LUNS, 25 DE XULLO, PARA FESTEXAR O DÍA DA PATRIA GALEGA

By: admin
Categoría: 

Ribadeo, 20 de xullo de 2016. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto o vindeiro luns, 25 de xullo, para festexar o Día da Patria Galega. Terá lugar no parque de San Francisco e principiará ás 21:00 horas.

O director da Banda, David Ballester, comentou que “o concerto estará dividido en dúas partes: unha con obras de temática galega ou de compositores galegos e a outra con pezas doutro tipo”.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
10
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECEU O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, O PRIMEIRO DESDE QUE TOMOU POSESIÓN A NOVA DIRECTIVA DE AMADORES DA MÚSICA

By: toni
Categoría: 

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu o seu tradicional concerto das Letras Galegas este pasado sábado no Teatro ribadense. É a primeira actuación da Banda desde que tomou posesión a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que preside Chema Suárez.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
02
Mai

CHEMA SÚAREZ É O PRESIDENTE DA NOVA DIRECTIVA DE AMADORES DA MÚSICA, QUE ESTÁ FORMADA POR 12 MEMBROS

By: toni
Categoría: 

A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, ten nova xunta directiva, que preside Chema Suárez e está formada por 12 membros. Foi a única candidatura presentada na asemblea de socios celebrada o pasado sábado.

Ademais de Chema Suárez, esta directiva está formada por Diego Vizoso, como vicepresidente; o tesoureiro é José Ángel Bolaño; de secretario está Javier Abellán; e Berte Chao é o responsable de material. Os vocais son David Ballester, Lucía Expósito, Laura Izquierdo, Alberto Clemente, Elisa Álvarez, María Teresa Martínez e Antonio Andina.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas