Blogue

20
Mai

TRES MÚSICOS DEBUTARON COA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO NO CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS QUE OFRECEU ONTE, SÁBADO, NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 
Aínda que estaba previsto que fosen catro as novas incorporacións da Banda de Música Municipal de Ribadeo que debutaran no concerto de onte, sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, finalmente foron tres: Andrea Rodríguez, á trompa; Ángel Muíña, coa trompeta; e Patricia Álvarez, no clarinete. A outra nova incorporación, Uxía Urbieta, non puido tocar nesa actuación pero farao nas próximas. O director, David Ballester Martínez, destacou que estes catro novos músicos levan apenas tres semanas ensaiando coa Banda.     
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
18
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECE O SEU CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS MAÑÁ NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas mañá, sábado, 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS O 19 DE MAIO NO CINE TEATRO. NESTA ACTUACIÓN DEBUTARÁN CATRO MÚSICOS.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o sábado 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación debutarán catro músicos.
 
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas de maio a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto dedicado ás Letras Galegas. Será o sábado 19 de maio ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
30
Mar

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO ESTREOU 7 PEZAS NO CONCERTO DE SEMANA SANTA QUE OFRECEU ONTE NA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO. NESTA ACTUACIÓN DEBUTOU O CLARINETISTA MONCHO LÓPEZ.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou sete pezas no concerto de Semana Santa que ofreceu onte, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación debutou un novo compoñente da formación, o clarinetista Moncho López.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas