21
Xul
0
A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ UN CONCERTO O VINDEIRO LUNS, 25 DE XULLO, PARA FESTEXAR O DÍA DA PATRIA GALEGA
By: admin
Categoría:
Ribadeo, 20 de xullo de 2016. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto o vindeiro luns, 25 de xullo, para festexar o Día da Patria Galega. Terá lugar no parque de San Francisco e principiará ás 21:00 horas.
O director da Banda, David Ballester, comentou que “o concerto estará dividido en dúas partes: unha con obras de temática galega ou de compositores galegos e a outra con pezas doutro tipo”.