banda

10
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECEU O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, O PRIMEIRO DESDE QUE TOMOU POSESIÓN A NOVA DIRECTIVA DE AMADORES DA MÚSICA

By: toni
Categoría: 

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu o seu tradicional concerto das Letras Galegas este pasado sábado no Teatro ribadense. É a primeira actuación da Banda desde que tomou posesión a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que preside Chema Suárez.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
02
Mai

CHEMA SÚAREZ É O PRESIDENTE DA NOVA DIRECTIVA DE AMADORES DA MÚSICA, QUE ESTÁ FORMADA POR 12 MEMBROS

By: toni
Categoría: 

A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, ten nova xunta directiva, que preside Chema Suárez e está formada por 12 membros. Foi a única candidatura presentada na asemblea de socios celebrada o pasado sábado.

Ademais de Chema Suárez, esta directiva está formada por Diego Vizoso, como vicepresidente; o tesoureiro é José Ángel Bolaño; de secretario está Javier Abellán; e Berte Chao é o responsable de material. Os vocais son David Ballester, Lucía Expósito, Laura Izquierdo, Alberto Clemente, Elisa Álvarez, María Teresa Martínez e Antonio Andina.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
11
Abr

ENSAIOS PROGRAMADOS PARA O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

By: toni
Categoría: 

O Concerto terá lugar o sábado 7 de Maio ás 20:30 h. no Teatro

  • Venres 8 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Venres 15 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 16 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 23 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Venres 29 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 30 de Abril (hora sen confirmar – Asemblea de Amadores)
  • Venres 6 de Maio ás 19:00 h. no Teatro.
  • Sábado 7 de Maio ás 20:30 h. Concerto no Teatro.
     
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
06
Abr

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

By: toni
Categoría: 

Pola presente convócase aos Socios/as á Xunta Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro 30 de Abril do 2016 ás 20:00 h. en primeira convocatoria, e ás 20:30 h. en segunda, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo.

Descargar convocatoria en PDF

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
04
Abr

NA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS CELEBRADA ONTE PARA ELIXIR NOVA XUNTA DIRECTIVA NON SE PRESENTOU NINGUNHA CANDIDATURA

By: toni
Categoría: 

A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, celebrou asemblea extraordinaria de socios onte, sábado, para elixir nova xunta directiva, pero non se presentou ningunha candidatura.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
29
Mar

O QUINTETO DE METAIS RIBADEO BRASS OFRECEU UN CONCERTO NA CAPELA RIBADENSE DA TERCEIRA ORDEN

By: toni
Categoría: 

O quinteto de metais Ribadeo Brass ofreceu un concerto na noite do pasado sábado en beneficio da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Tivo lugar na capela ribadense da Terceira Orden e contou con moita afluencia de público.

O quinteto Ribadeo Brass está formado por Álvaro García Álvarez, Rubén Solloso Irimia, José Luis Pulpeiro Grueso, Manuel Álvarez Rodríguez e Diego Vizoso Castro, que interpretaron pezas de Haendel, Giaches de Wert, Claudio Monteverdi, Bach, Frank, Pachelbel, Mozart e Ludwig Maurer.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
21
Mar

O TEATRO RIBADENSE ENCHEUSE DE PÚBLICO ONTE NO CONCERTO DE SEMANA SANTA DA BANDA MUNICIPAL

By: toni
Categoría: 

O teatro ribadense encheuse de público no concerto de Semana Santa que ofreceu onte, domingo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo que estreou dúas pezas.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Mar

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECERÁ O TRADICIONAL CONCERTO DE SEMANA SANTA O DÍA 20 DE MARZO

By: toni
Categoría: 

O tradicional concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo terá lugar no Teatro o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas. Sobre esta actuación o director da Banda, David Ballester, explicou hoxe que “este ano, como novidade, interpretaremos música de Semana Santa e tamén típica para  bandas; teremos unha actuación en dúas partes”. David Ballester engade que “ademais teremos a sorte de contar cunha solista da banda, que é Paula Pérez Conde, quen tocará á súa frauta o Adagietto for flute, de Ted Huggens.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Mar

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO RENOVA A SÚA PÁXINA WEB

By: toni
Categoría: 

A Banda Municipal de Música de Ribadeo acaba de renovar a súa páxina web e ofrecerá o tradicional concerto de Semana Santa o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas no Teatro ribadense. Ademais a asociación Amadores da Música celebrará unha asemblea xeral extraordinaria o día 2 de abril para elixir nova xunta directiva.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
Subscribe to RSS - banda