A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas obras no seu concerto das Letras Galegas. Será o día 14 deste mes, sábado, no auditorio municipal Hernán Naval.
Despois de cinco meses sen actuar, a Banda Municipal de Música de Ribadeo, que continuou con ensaios durante ese tempo, volveu ofrecer un concerto onte, mércores. Foi o de Semana Santa, que tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo e no que debutou un novo músico: o trompetista Quico Jordá.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a súa actividade co concerto de Semana Santa, que se celebrará o mércores 13 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, o vindeiro martes, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo, pero para asistir é obrigatorio presentar o certificado de vacinación contra o coronavirus.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, ofreceu o seu tradicional concerto de Santa Cilla hoxe sábado, no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocou por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participaron tres solistas: o pianista Andrés Manuel Bermúdez García, a frautista Carmén Cortés Moreda e o trompetista Ángel Muíña López.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Santa Cilla este sábado, 20 de novembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocará por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participarán tres solistas.
No concerto de música de cine, que tivo lugar onte á noite fronte ao edificio da Aduana ribadense coa proxección de fragmentos das películas nunha pantalla, a Banda de Música Municipal de Ribadeo interpretou por primeira vez nove das doce pezas incluídas no programa. O concerto contou coa afluencia de numeroso público na contorna do parque de San Francisco.
A Banda de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto dedicado á música de cine este sábado, día 21, ás 22:00 horas enfronte do edificio de Aduanas ribadense, xunto ao parque de San Francisco. En caso de mal tempo esta actuación aprazaríase.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, domingo, o seu tradicional concerto do Día da Patria, actuación na que debutaron dúas novas compoñentes: Carlota Moledo Santamarina, co clarinete, e Antía Romero Prieto, na frauta.