Noticias

21
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO DE BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS ESTE VENRES, DÍA 24. SERÁ NA ESCALINATA DO CONCELLO ÁS DEZ DA NOITE.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este  venres, día 24 de agosto, o seu tradicional concerto de bandas sonoras de películas. Será ás 22:00 horas e cambiará a súa localización habitual para a escalinata do Concello.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
20
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO, DIRIXIDA POR DAVID BALLESTER E RUBÉN SOLLOSO, INTERPRETOU TEMAS POP NO CONCERTO CHURRASCADA CELEBRADO ONTE NO AUDITORIO DE CABANELA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida nesta ocasión por David Ballester nunhas pezas e por Rubén Solloso noutras, interpretou temas pop no tradicional concerto churrascada que celebrou na tarde noite de onte, sábado, no auditorio ao aire libre de Cabanela, xunto ao paseo marítimo ribadense.
 
A Banda de Ribadeo tocou estas pezas: Umbrella, Alejandro, Y.M.C.A., Mocedades en concierto, Surfin´ U.S.A., Bohemian Rhapsody, Happy, Raphael Medley, Mambo Nº 5 e Eurovisión Junior.
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
14
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ TRES CONCERTOS ESTA SEMANA, DOUS NA VILA RIBADENSE E UN EN LUARCA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións esta semana. A primeira delas será este xoves, día 16, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas xunto á capela do copatrón da vila ribadense. O venres 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada ás 21:00 horas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Ago

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ A VINDEIRA SEMANA OS TRADICIONAIS CONCERTOS DE SAN ROQUE, O DÍA 16, E EN CABANELA O 18 DE AGOSTO. ADEMAIS O VENRES 17 ACTUARÁ EN LUARCA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
30
Xul

O PARQUE DE SAN FRANCISCO ACOLLEU O XXIV FESTIVAL DE BANDAS DE RIBADEO, NO QUE PARTICIPARON AS DE VILLAMAYOR (SALAMANCA), VILALBA E A RIBADENSE.

By: adm
Categoría: 
O ribadense parque de San Francisco acolleu onte, sábado, a vixésimo cuarta edición do Festival de Bandas de Ribadeo, organizado pola asociación Amadores da Música, no que participaron as formacións de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a ribadense.
 
O evento contou coa presenza de numeroso público. Antes de empezar as actuacións das bandas no escenario instalado no parque de San Francisco ofreceron un pasarrúas que comezou no Teatro.
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
27
Xul

AMADORES DA MÚSICA CELEBRARÁ MAÑÁ O SEU XXIV FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA, NO QUE PARTICIPAN AS FORMACIÓNS DE VILLAMAYOR (SALAMANCA), VILALBA E A RIBADENSE.

By: adm
Categoría: 
Ribadeo acollerá mañá, sábado, a vixésimo cuarta edición do festival de bandas de música, no que participarán as formacións de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a ribadense. Está organizado por Amadores da Música. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Xul

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO XUNTOU A CENTOS DE PERSOAS NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA, QUE SE CELEBROU ONTE NO PARQUE DE SAN FRANCISCO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, xunto a centos de persoas no concerto do Día da Patria, que se celebrou onte, mércores, no parque de San Francisco.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
17
Xul

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECERÁ O 25 DESTE MES O CONCERTO DO DÍA DA PATRIA GALEGA E O DÍA 28 ACTUARÁ NO FESTIVAL DE BANDAS, NO QUE ESTARÁN TAMÉN A DE VILLAMAYOR (SALAMANCA) E A DE VILALBA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá dous concertos na vila a vindeira semana. O mércores 25 de xullo terá lugar o do Día da Patria Galega, ás 20:30 horas no parque de San Francisco; e o sábado 28 de xullo, tamén neste escenario, celebrarase o festival de bandas, no que participarán as de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a anfitrioa.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
20
Mai

TRES MÚSICOS DEBUTARON COA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO NO CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS QUE OFRECEU ONTE, SÁBADO, NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 
Aínda que estaba previsto que fosen catro as novas incorporacións da Banda de Música Municipal de Ribadeo que debutaran no concerto de onte, sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, finalmente foron tres: Andrea Rodríguez, á trompa; Ángel Muíña, coa trompeta; e Patricia Álvarez, no clarinete. A outra nova incorporación, Uxía Urbieta, non puido tocar nesa actuación pero farao nas próximas. O director, David Ballester Martínez, destacou que estes catro novos músicos levan apenas tres semanas ensaiando coa Banda.     
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
18
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECE O SEU CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS MAÑÁ NO CINE TEATRO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas mañá, sábado, 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas

Subscribe to RSS - Noticias