23
Xul
0
A BANDA DE RIBADEO CELEBRA O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA ESTE XOVES, 25 DE XULLO, NO CAMPO DE SAN FRANCISCO.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.